Kin García

Inicia a súa formación musical no Conservatorio de Santiago de Compostela aos nove anos, trasladándose máis tarde ao Conservatorio de A Coruña para estudar percusión e contrabaixo ata os dezaoito anos. Máis tarde a súa afección polo jazz lévao a colaborar, entre outros, con músicos como Alberto Conde ou Cuchús Pimentel e a reorientar a súa formación nesa  dirección asistindo a seminarios e master-class con Niels-Henning, Orsted Pedersen ou Dennos Irwin.

No ámbito do jazz galego traballa asiduamente con Nani García, Alberto Conde, Carmen Rey, Eva Lioréns, Fernando Llorca, Roberto Somoza e Carlos López entre outros.

No ámbito do folc participa en diversos proxectos como Berrogüetto, Capercaillie, Dulce Pontes, Espíritu 986, Filipa Pais, Jivan Gasparian, João Afonso, Marcos Teira, Rodrigo Romaní, Susana Seivane, Uxía Senlle ou Crema de Gaita.

A súa actvidade docente comeza en 1997 coa fundación e apertura da academia Drops. Na actualidade imparte aulas no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.