Coñece varios instrumentos. Dende moi novo comeza o seu contacto coa música tradicional de Galicia descubrindo posteriormente outras, coma as músicas do mundo ou o jazz.
A súa formación é autodidacta. Porén, asistiu a cursos en toda Europa con importantes músicos como Anne Niepold, Stephane Milleret, Yanick Martin, Alain Pennec, Norbert Pignol, Christophe Sachettini, Jean Pierre Sarzier ou Loïg Troel.
Está vencellado directamente a proxectos coma Laio, Nuke Trío, Talabarte, Marful, Ao Pé da Letra, Descarga ao Vivo, ademais de ter acompañado, tanto en gravacións como en directo, a notables solistas e grupos do panorama das músicas tradicionais como Leilía, Uxía Senlle, Xosé M. Budiño ou María Salgado. Traballou xunto a outros importantes músicos como: Jacky Molard, Soïg Siberil, Donal Shaw, Vartina, Tony McManus, Mercedes Peón, Pierre Invert, Mairin Fahy, Kathryn Tickell, Daniel Lapp, Javier Bergia, Kepa Junkera, Harry Manx, Tanya Tagaq, Jorge Drexler, Guadi Galego, Pablo Milanés, Najla Shami, Narf ...
Realiza composicións orixinais, bandas sonoras e spots como: Ano da Música en Pontevedra, Ao Pé da Letra, Os homes só contan ata tres, O Barco da Memoria, Trece Badaladas, Xente con Xente, Coa comida non se xoga, Cucuducho video promocional.
Compaxina os concertos, gravacións, produccións de discos e o seu traballo compositivo coa docencia en importantes centros. Impartiu clases en CMTF (Lalín), aCentralFolque, Instituto Piaget, Universidade Popular de Vigo, ESMU Santiago de Compostela, Fingoi... Creando un método e programa para o estudo do acordeón diatónico en Galicia.